viernes, 24 de agosto de 2007

LAUGHARNE. Espazo creativo de Dylan Thomas: poeta


Unhas das visitas máis fermosas onde nos levaron os nosos irmáns galeses de Caerfyrddin foi a vila de Laugharne, a casa do enorme poeta Dylan Thomas. Velahí o seu despacho, ubicado nunha casilla frente o mar. Gosta saber, ollar e sobre todo estar naqueles lugares, naqueles espazos que serviron ben de acougo ben de inspiración da nosa xente máis sensible para que ésta poidera realizar as suas fermosísimas expresións envoltas en versos, prosa, pintura ... amor.

TERCEIRA PROPOSTA: CREACIÓN DOS ESPAZOS BRETÓNS

Consistiría na creación dun espazo verde adicado a confraternidade dos povos irmandados, inzando nas suas avenidas e paseos con exposicións puntuais e manifestacións artísticas das vilas convidadas que teñan como punto de encontro o desenrolo da amizade entre os povos irmandados.
Dende a LIGA CÉLTIGA GALAICA xá nos diriximos oficialmente ó concello das Pontes propoñéndolles este proiecto, que culminaría con a creación dun círculo lítico no seu centro.
Na foto -tomada dende o castelo-podedes ollar o proiecto galés de Caerfyrddin, de ubicar un futuro espazo, no centro dereita da foto, que co nome de PARQUE DAS PONTES, será unha relevancia entre as futuras relación entre as duas vilas.
O que temos que tér moi claro é que un irmandamento é unha oportunidade histórica para evolucionar cousas concretas e mesmo desenrolar todo un cúmulo de actividades. Si se deixan pasar estas oportunidades, perderíanse moitas cousas.
Non o propio irmandamento, pois éste o fán as famillas irmandadas, e neste caso, xa són un bó fato delas que piden continuidade nas relacións futuras xunguidos na fraternidade e amizade, auténticos tesouros que afortalecerán a unidade europea - e do mundo- dende as bases.

PROPOSTA PARA O FUTURO-2.- Creación das Xornadas de Traballo


A conto do recibimento oficial polo Condado de Carmarthenshire - á que pertenece esta foto-, tamén quixera facer unha segunda proposta:
Que en cada visita , a vila anfitriona organizará nun determinado dia do programa unha "xornada de traballo" entre as comisións das duas vilas irmandadas, para estudar, revisar, propoñer e decidir temas concretos de traballo conxunto.
Nin que decir cabe, que cada comité de irmandamento crearía unhas comisións de traballo encargadas de levar adiante grandes temáticas como Medio Ambente, Relacións Comerciais, Cultura, etc.
Ó longo do ano , esas comisións estarían interrelacionadas entre sí : galegos con galeses e con bretóns; tendo a oportunidade de xuntarse para darlle o pulo definitivo a traballos concretos desenrolados ó cabo do ano con ocasión do encontro entre as cidades.
Finalmente, os encontros europeos que se desenrolaron un determinado dia do pasado encontro entre galeses e galegos fora moi interesante, e vai merecer un espazo máis amplo para desenrolar o que alí se dixo.

PROPOSTA PARA O FUTURO

Propoño que cada ano que os galegos vaiamos a Caerfyrddin, no seu santuario sagrado ubicado no OUTEIRO DE MERLÍN, se desenrole un acto ceremonial de benvida.
Penso que como celtas temos que voltar as nosas tradicións máis antergas.
Non todo vai ser comer e visitar sitios, vaia, digo eu!!

jueves, 23 de agosto de 2007

1. Preámbulo

Cinco anos pasaron dende o primeiro encontro entre as duas primeiras vilas irmandadas de dous paises atlánticos de connotacións céltigas, GALIZA e WALES.
Pésie a problemas menores de entendemento, etc. o irmandamento está xá definitivamente consolidado porque xá son máis de 10 famillas de ambalasdúas vilas que están compartindo experiencias.
Queda un logro treito que percorrer para potenciar, aumentar e desenrolar estas pioneiras relacións entre a grande illa Británica e a Galiza a través de duas das suas céltigas vilas ; grande foi o esforzo entre os responsables para realizar o sono deixar atrás os prexuizos, diferencias e atrancos idiomáticos e ir adiante na procura dese desexo lonxano, cáseque irrealizabel, mais hoxendía feito realidade.
Quedan moitas batallas todavía que emprender, mais o primeiro paso está máis que dado.
Nós somentes pedimos unha verba, un desexo: CONSTANCIA.