miércoles, 7 de noviembre de 2007

A vidrieira do Hotel Ivy Bush Royal


Ollade a enorme vidrieira que fica na cafetería do Hotel Ivy Bush Royal. Unha edigmática e histórica expresión dun povo a través da arte.
Vai na honra do noso amigo Peter Hughes Griffiths, que pacentemente explicóunos o sentido de cada parte da vidrieira.

martes, 6 de noviembre de 2007

GALESES E GALEGOS : OS DOUS COMITÉS.

Despóis da amable invitación a xantar por parte do Carmarthen Rotary Club, no Hotel Ivy Bush Royal; tocara o turno da foto oficial. En primeiro término, de esquerda a direita ollamos a Jeanne, a Presidenta do comité de Caerfyrddin; Antón , o Presidente do comité das Pontes; o anfitrión, Presidente do Club Rotary Kevin Sivyer e M. Carmen, dona de Antón.
Detrás tamén hai xente moi especial, verdadeiras almas mater deste irmandamento, de igual talla dos que se sentan diante.
Vaia pois a nosa homenaxe a esa xente, que desde o seu anonimato traballa por erguer as esperanzas destes dous povos!!
As consecuencias do seu traballo notáronse neses dias ... e notaránse tamén no futuro...

TIPYN O BOPETH

Qué decir deles???
Sempre presentes cando os galegos vamos de visita a vella Caerfyrddin.
Acordo de cando estiveran na Galiza hai dous anos... con qué dignidade , con qué fachenda estiveron representando a cultura do seu país!! sempre ataviados co seu traxe nacional, sempre con o sonriso, sempre cunhas enormes dosis de querer bailar, cantar , rír.
Acordo cando viñeran á A Coruña, e partira deles actuar espontáneamente na Plaza de Maria Pita, así, sen mais.
Eles non son só un grupo de baile. Arredor deles xira unha verdadeira escola, onde os seus múltiples talleres fán escola de novas e novas xeracións.
... E actuaron para nós, no pub do Club de Rugby de Carmarthen.
Por suposto, convidáronnos a compartir as suas danzas, e mesmo ensináronnos moitas cousas.
VAIA POR ELES!!

O novo edificio da Asambleia Nacional en Cardiff


Sen dúbida abraiante. Os galeses déronnos as suas cousas máis preciadas e invitáronnos a compartir as suas vidas, dende a asistencia á un culto dominical - unha misa- nunha igrexa cristiá -á que asistiron tódolos membros do seu comité , que aunque algúns non profesaban a esa igrexa concreta - alí teñen liberdade de culto- asistiron igual, acompañáronnos no acto, como un sinxelo acto de cortesía.
Tamén a visita ó seu centro decisorio: a sua Asambleia Nacional , fachenda dunha Nación, dun povo que se sinte vivo e quere seguir sendo él mesmo ; ubicada nun edificio moi especial, onde tedes unha viva mostra na foto que acompaña.
Cecáis sobran decir máis verbas...

ARTE EN CAERFYRDDIN

En Caerfyrddin, nas suas diferentes épocas de existencia, a arte sempre tivo unha razón de ser , sendo motivo de expresión dun povo fachendoso da sua historia. Dan fé disto as suas moitas vidrieiras das suas principais i edigmáticas -por non dicer históricas- igrexas.

lunes, 5 de noviembre de 2007

VISITA A TENBY

Acórdome da primeira vez que a visitara. Acordo do encontro con Emilio e M. Carmen con o seu Hotel Ocean. Acordo que neste recuncho con unha vista impresionante da vila ondeaban as bandeiras vasca e galega. Acordo da tranquilidade que deron os dias do outono , de outubro para ser exactos en Tenby, cunha paz e cuns longos paseos a través da praia, ou das ruas semidesertas.
Nesta vez, en Agosto todo fora o revés. Tenby é unha vila moi popular e turisticamente forte.Chamárame a atención na tardiña cando todo o mundo ía na procura dun banquiño con boa vista para pasa-la tarde.
Con todo, Non gostéi da visita, demasiado turista, demasiada xente...
Como o meu Lugo no San Froilán!!!

domingo, 4 de noviembre de 2007

A Necesidade de establecer vínculos

Esta carta que publicamos é o noso sentimento máis profundo cara establecer novas amizades duradeiras no tempo con o povo de Cymru.
É o espíritu da Liga Céltiga Galaica a de afondar nas relacións coa Keltia; País a País, Povo a Povo, familla a familla.
Hai moitas cousas que recuperar .
Hai moitas máis que anovar.
Esta mensaxe deberiamolo tér lido no seu momento; na cirimonia de despedida aló en Caerfyrddin , onde galegos e galeses celebrábamos o derradeiro encontro dunha visita expléndida.
Por malentendidos e por facer demasiado ríxido o acto, desta volta non poido ser.
Mais os sentimentos alí ficaron, e os traduximos en recoñecer con xestos concretos de agradecemento, de amor e de fraternidade o traballo das persoas galesas que amosaron un espíritu cordial e aberto, nunha brillante semán, onde a acollida fora moi familiar, dándonos o máis preciado que teñen.
VAIA POR TOD@S EL@S !!!

Un agarimoso saúdo os nosos irmáns galeses de Caerfyrddin


TO CAERFYRDDIN (CYMRU) FROM AS PONTES (GALIZA)

Dear friends:
We are very pleased to be here representing the first stage in this long way which will lead us to the achievement of the objetives of the brotherhood between our towns.
It is not easy to get constancy in the social relations among people.
Usually, the people who carry the burden of the management of these brotherhoods are not available all the time due to the fact that we have to solve the problem of our communities and -we also have- to work in our daily jobs. This situation provokes that the evolution of our committees goes according to the free time our own social duties let us.
But nowadays we live in the Communications Era and distances are short.
We are sure that our two towns, due to their common Atlantic heritage and Celtic Origin, will be able to overcome the difficulties of the geographic, social and economic distances that separate us.
The confluence between our towns -underlining the affinities- and the interest in learning from the others will make us wiser and more free.
Finally, I call on everybody here we have already met to develop this friendship that has just born.
Because this friendship and the evolution of our personal relations will have an influence on the creation of a mutal understanding for the future team work between our committees.
This mutual understanding will give us a constant, effective and creative work guide line which will provide the evolution of the project we are creating nowadays.
MANUEL CAMBA GAYOSO
PRESIDENT OF GALICIAN CELTIC LEAGUE

viernes, 24 de agosto de 2007

LAUGHARNE. Espazo creativo de Dylan Thomas: poeta


Unhas das visitas máis fermosas onde nos levaron os nosos irmáns galeses de Caerfyrddin foi a vila de Laugharne, a casa do enorme poeta Dylan Thomas. Velahí o seu despacho, ubicado nunha casilla frente o mar. Gosta saber, ollar e sobre todo estar naqueles lugares, naqueles espazos que serviron ben de acougo ben de inspiración da nosa xente máis sensible para que ésta poidera realizar as suas fermosísimas expresións envoltas en versos, prosa, pintura ... amor.

TERCEIRA PROPOSTA: CREACIÓN DOS ESPAZOS BRETÓNS

Consistiría na creación dun espazo verde adicado a confraternidade dos povos irmandados, inzando nas suas avenidas e paseos con exposicións puntuais e manifestacións artísticas das vilas convidadas que teñan como punto de encontro o desenrolo da amizade entre os povos irmandados.
Dende a LIGA CÉLTIGA GALAICA xá nos diriximos oficialmente ó concello das Pontes propoñéndolles este proiecto, que culminaría con a creación dun círculo lítico no seu centro.
Na foto -tomada dende o castelo-podedes ollar o proiecto galés de Caerfyrddin, de ubicar un futuro espazo, no centro dereita da foto, que co nome de PARQUE DAS PONTES, será unha relevancia entre as futuras relación entre as duas vilas.
O que temos que tér moi claro é que un irmandamento é unha oportunidade histórica para evolucionar cousas concretas e mesmo desenrolar todo un cúmulo de actividades. Si se deixan pasar estas oportunidades, perderíanse moitas cousas.
Non o propio irmandamento, pois éste o fán as famillas irmandadas, e neste caso, xa són un bó fato delas que piden continuidade nas relacións futuras xunguidos na fraternidade e amizade, auténticos tesouros que afortalecerán a unidade europea - e do mundo- dende as bases.

PROPOSTA PARA O FUTURO-2.- Creación das Xornadas de Traballo


A conto do recibimento oficial polo Condado de Carmarthenshire - á que pertenece esta foto-, tamén quixera facer unha segunda proposta:
Que en cada visita , a vila anfitriona organizará nun determinado dia do programa unha "xornada de traballo" entre as comisións das duas vilas irmandadas, para estudar, revisar, propoñer e decidir temas concretos de traballo conxunto.
Nin que decir cabe, que cada comité de irmandamento crearía unhas comisións de traballo encargadas de levar adiante grandes temáticas como Medio Ambente, Relacións Comerciais, Cultura, etc.
Ó longo do ano , esas comisións estarían interrelacionadas entre sí : galegos con galeses e con bretóns; tendo a oportunidade de xuntarse para darlle o pulo definitivo a traballos concretos desenrolados ó cabo do ano con ocasión do encontro entre as cidades.
Finalmente, os encontros europeos que se desenrolaron un determinado dia do pasado encontro entre galeses e galegos fora moi interesante, e vai merecer un espazo máis amplo para desenrolar o que alí se dixo.

PROPOSTA PARA O FUTURO

Propoño que cada ano que os galegos vaiamos a Caerfyrddin, no seu santuario sagrado ubicado no OUTEIRO DE MERLÍN, se desenrole un acto ceremonial de benvida.
Penso que como celtas temos que voltar as nosas tradicións máis antergas.
Non todo vai ser comer e visitar sitios, vaia, digo eu!!

jueves, 23 de agosto de 2007

1. Preámbulo

Cinco anos pasaron dende o primeiro encontro entre as duas primeiras vilas irmandadas de dous paises atlánticos de connotacións céltigas, GALIZA e WALES.
Pésie a problemas menores de entendemento, etc. o irmandamento está xá definitivamente consolidado porque xá son máis de 10 famillas de ambalasdúas vilas que están compartindo experiencias.
Queda un logro treito que percorrer para potenciar, aumentar e desenrolar estas pioneiras relacións entre a grande illa Británica e a Galiza a través de duas das suas céltigas vilas ; grande foi o esforzo entre os responsables para realizar o sono deixar atrás os prexuizos, diferencias e atrancos idiomáticos e ir adiante na procura dese desexo lonxano, cáseque irrealizabel, mais hoxendía feito realidade.
Quedan moitas batallas todavía que emprender, mais o primeiro paso está máis que dado.
Nós somentes pedimos unha verba, un desexo: CONSTANCIA.