domingo, 4 de noviembre de 2007

A Necesidade de establecer vínculos

Esta carta que publicamos é o noso sentimento máis profundo cara establecer novas amizades duradeiras no tempo con o povo de Cymru.
É o espíritu da Liga Céltiga Galaica a de afondar nas relacións coa Keltia; País a País, Povo a Povo, familla a familla.
Hai moitas cousas que recuperar .
Hai moitas máis que anovar.
Esta mensaxe deberiamolo tér lido no seu momento; na cirimonia de despedida aló en Caerfyrddin , onde galegos e galeses celebrábamos o derradeiro encontro dunha visita expléndida.
Por malentendidos e por facer demasiado ríxido o acto, desta volta non poido ser.
Mais os sentimentos alí ficaron, e os traduximos en recoñecer con xestos concretos de agradecemento, de amor e de fraternidade o traballo das persoas galesas que amosaron un espíritu cordial e aberto, nunha brillante semán, onde a acollida fora moi familiar, dándonos o máis preciado que teñen.
VAIA POR TOD@S EL@S !!!

No hay comentarios: