martes, 6 de noviembre de 2007

GALESES E GALEGOS : OS DOUS COMITÉS.

Despóis da amable invitación a xantar por parte do Carmarthen Rotary Club, no Hotel Ivy Bush Royal; tocara o turno da foto oficial. En primeiro término, de esquerda a direita ollamos a Jeanne, a Presidenta do comité de Caerfyrddin; Antón , o Presidente do comité das Pontes; o anfitrión, Presidente do Club Rotary Kevin Sivyer e M. Carmen, dona de Antón.
Detrás tamén hai xente moi especial, verdadeiras almas mater deste irmandamento, de igual talla dos que se sentan diante.
Vaia pois a nosa homenaxe a esa xente, que desde o seu anonimato traballa por erguer as esperanzas destes dous povos!!
As consecuencias do seu traballo notáronse neses dias ... e notaránse tamén no futuro...

No hay comentarios: